ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nunha saída de vía en Vilanova (O Barco)

 

Na noite do martes 9 de xaneiro producíase un accidente de tráfico no concello do Barco de Valdeorras, no que se vía implicada unha persoa que resultaba ferida tras quedar atrapada no vehículo que se saía da vía. “O ferido, que permaneceu consciente durante toda a operación, foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia tras ser liberado”, indican dende o 112 Galicia.

Era un particular quen alertaba ao 112 en torno ás 23:30 horas dun accidente na OU-622 ao seu paso por Vilanova, no Barco de Valdeorras. “Xa desde o primeiro momento indicouse que había un único vehículo implicado, o cal se atopaba boca abaixo e cunha persoa no interior que precisaba asistencia sanitaria e podería estar atrapada”, puntualizan os xestores do 112 que informaban do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do parque comarcal, ao GES Valdeorras, á Garda Civil e a Protección Civil do Barco.

“Unha vez os medios chegaron ao punto, informaban de que o particular atopábase atrapado e tiveron que levantar o coche para liberalo, aínda que non foi necesario cortar ningún ferro”, aseguran dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button