ConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida por un disparo durante unha xornada de caza en Valdeorras

 

Durante esta xornada de domingo 27 de outubro un home resultaba ferido por un disparo mentres participaba nunha xornada de caza no Barco de Valdeorras, tal e como informa o 112 Galicia. Foi o propio afectado o que alertaba da situación ao 112 mediante unha chamada.

“Para a atención do ferido, aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviaron ao lugar do accidente dous equipos, un deles a bordo do helicóptero con base en Ourense, que está a disposición no caso de que sexa necesario o traslado por esta vía”, segundo o 112 Galicia.

Ademais, o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Back to top button