SanidadeÚltima hora

Unha plataforma elevadora facilitará o acceso ao Centro de Saúde da Valenzá

Esta actuación está incluída no Plan de Accesibilidade elaborado por Cogami para todo o municipio de Barbadás
A presentación tivo lugar no Centro de Saúde da Valenzá.

O Concello de Barbadás vén de deseñar un proxecto para instalar unha plataforma elevadora dotada dunha pasarela e un ascensor nas inmediacións do novo Centro de Saúde, que permita salvar o desnivel dende a avenida de Celanova, arteria principal do núcleo urbano de A Valenzá.

O proxecto, para o que se barallaron ata seis opcións para concluir que a instalación dun ascensor sería a mais axeitada, está pendiente de financiación, para o cal o Concello está a negociar coa Xunta e conta co compromiso da Deputación, para asumir parte do custo das obras, segundo anunciaron o tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade, Xosé Manuel Fírvida, e a concelleira de Urbanismo, Infraestructuras, Vías e Obras, Servizos e Vivenda, Victoria Morenza, durante a presentación, o 16 de maio, do Plan de Accesibilidade municipal elaborado por Cogami e presentado esta mañán á entrada do Centro de Saúde de A Valenzá.

No acto estiveron presentes, ademais dos dous edís citados, Luisa Miranda Ferreira, técnico de Accesibilidade e responsable do servizo, e Diego Piñeiro Pérez, arquitecto do Servizo de Accesibilida; ámbolos dous se encargaron de explicar as liñas mestras do Plan de Accesibilidade. Con eles, estiveron Anxo Queiruga Vila, presidente de Cogami, e Álvaro García Bustelo, coordinador da área de Fondos Propios da mesma entidade, que foi a encargada de elaborar o plan integral para mellorar a accesibilidade co seu equipo técnico.

Tanto os técnicos municipais como os responsables de Cogami foron degrañando o contido do Plan, que “contempla A Valenzá como núcleo de acción prioritaria”, segundo apuntou Luisa Miranda, tanto polo nivel de poboación como por tratarse dun asentamento sobre unha orografía moi desigual. A partires desa realidade, “estudamos a situación”, manifestou Queiruga.

Nese proceso xurdiron áreas de actuación específica, posto que “hai puntos nos que fan falla rampas para superar as cotas de desnivel”. Un destes casos son os accesos ao Centro de Saúde no que se contempla salvar as fortes pendientes coa instalación de ascensores. O plano de implantación sinalado polos expertos será progresivo e prevé que a sua maior parte poida ser abordada nos próximos cinco anos, ainda que “dende que temos a responsabilidade de gobernó estamos tendo en conta a normativa sobre accesibilidade e actualmente xa traballamos nos casos que xurden cando se abordan outras infraestruturas”, segundo dixo Victoria Morenza. Neste senso, abundou en que “temos fichas cos puntos conflictivos de accesibilidade, que nos permiten actuar –e así o faremos tamén no futuro- cando se fagan distintas obras de infraestructuras”.

O Plan de Accesibilidade permite duas fórmulas de actuación, “unha lineal no tempo, e outra en función das oportunidades que se presenten con ocasión da intervención noutras áreas de infraestructuras”, segundo dixo Diego Piñeiro, en línea co xa avanzado pola concelleira.

Xosé Manuel Fírvida apuntou que ata que chegue unha solución definitiva, o Concello trata de buscar alternativas, pois “dende hai quince días temos en marcha de xeito experimental tres líneas de autobús que se achegan ata o Centro de Saúde, para trasladar á xente que ten dificultades de mobilidade”. Ata este momento carece de datos sobre o impacto que esta medida está producindo nos usuarios.

O presidente de Cogami “agradeceu a confianza que o Concello depositou en nós, pois é unha oportunidade para mellorar a situación de accesibilidade. O proxecto elaborado consiste nun traballo profesional desenvolvido con criterios profesionais”. Anxo Queiruga fixo fincapé na necesidade de “actuar sobre os excesos do pasado, para ir cara a accesibilidade universal, que non consiste so en eliminar as barreiras físicas, senon en construir sociedades inclusivas e integradoras”. Admitiu a dificultade para que as institucións asuman dunha vez todo o traballo pendente, “pero temos que ir nesa dirección co obxectivo de facilitarlle a vida ás persoas con dificultades de mobilidade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button