Unha tormenta con aparato eléctrico azoutou na tarde de hoxe, 27 de agosto, a capital. Cara ás cinco e media da tarde, os lóstregos e os tronos comezaron a sentirse e, seguido diso, a saraiba comezou a azoutar con forza, asolagando varios puntos da cidade e ocasionando desperfectos puntuais.
Segundo informaron os Bombeiros de Ourense, non houbo que lamentar ningunha incidencia de gravidade, iso si, aseguraron que tras a forte tromba de saraiba e chuvia, que durou aproximadamente 15 minutos, un total de “tres unidades tiveron que desprazarse por toda a cidade”, concretamente a vías de grande importancia como son a avenida de Buenos Aires ou Marcelo Macías, xa que os sumidoiros estaban atascados debido ás enormes bolas de xeo que caeron. Tamén na zona da Praza da Legión tiveron que bombear agua.

Fotos e vídeo: Carlos Asensio e cedidos.