DeportesÚltima horaVídeos

Unha trintena de afeccionados asisten no Barco ao seminario de boxeo e muaythai

Organizado polo Club Kick Boxing Valdeorras celebrábase na mañá deste sábado 26 de novembro

 

Cada vez é maior a afección que exite en Valdeorras e o Bierzo polos deportes de contacto e mostra disto é a boa acollida que tiña o seminario que na mañá deste sábado 26 de novembro reunía a unha trintena de persoas de diferentes idades, tanto homes como mulleres, no pavillón vello do Barco.

 

 

Organizado polo Club Kick Boxing Valdeorras que preside Juan J. Pardo, o curso estivo impartido por dous campións de Europa, o berciano Diego Vázquez (especialmente a parte de boxeo) e o portugués Miguel Trindade (tanto o quecemento e directrices xerais como a parte de muaythai).

 

Juan J. Pardo, Diego Vázquez e Miguel Trindade.

 

A maioría dos asistentes son de Valdeorras (moitos deles adestran no Centro Deportivo Valsport), pero tamén había xente de Ponferrada e un grupo de rapaces moi novos do Puente de Domingo Flórez.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button