O Liceo de Ourense acollerá, entre o 20 de xaneiro ao 15 de febreiro, a exposición solidaria “Unha viaxe solidaria e creativa á vida”. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o Comité Organizador e os promotores da mostra, co seu coordinador á cabeza, Paco Ascón, mantiveron hoxe, 15 de xaneiro, unha xuntanza no despacho da Alcaldía de Ourense.
Esta mostra, é “unha oportunidade única para coñecer outras realidades e tomar conciencia de que unha pequena achega, podemos facer moito por axudar a quen máis o precisan, polo que invito a toda a cidadanía a que acudan a coñecer esta exposición colectiva a beneficio da ONG Terra de Homes”, dixo o rexedor municipal.
En total, máis de 40 artistas plásticos de primeiro nivel doan a súa obra para recadar fondos para a ONG, na súa labor de trasladar a nenos e nenas de distintos países de África para seres operados no noso país.
Esta exposición estivo xa nas cidades de Vigo, A Coruña e Santiago e agora recala en Ourense, co esforzo solidario de máis de 38 artistas, a meirande parte ourensáns.
Os artistas que participan nesta mostra colectiva e humanitaria doando as súas obras son: Tareixa Taboada, César Prada, Marisé Candá, Fran Lareo, Cristina Sánchez, Xosé Poldras, César Taboada, Xosé Vilamoure, “Volcán”, Ehlaba, Isabell Seidel, Lazcano, Plácido López, Vázquez Prata, Pablo Rodríguez, Asun Adá, Luis Pachón, Tony Ferrer, Maruxiña e Xulia Ferradás, Leandro Sánchez, Carlos Pereira, María Braxe, Paco Ascón, Sabela Baña, Teresa Vior, Sabela Roma, José Luis S. Busto, Maribel Cabana, Paloma Castroverde, Nanda Cabaleiro, Carmen Torreiro, Xulio García Rivas, Esther Piñán Oujo, Conchita Paz Montenegro, Nando Pereiro, Luisa Paz Montenegro, Ramiro Cimadevilla e Félix Díaz.