DeportesÚltima horaVídeos

Unha tripleta do Club de Petanca A Rúa gaña o I campionato das festas de verán

48 persoas participaron nesta primeira edición do torneo disputado o sábado 3 de agosto

 

Con apenas un ano de vida o Club de Petanca A Rúa tense convertido nun espectacular foco de activiadade no Aguillón, con continuas partidas e tardes de xogo entre os máis de medio cento de socios (un número que segue crecendo).

En xuño organizaban un torneo para inaugurar as pistas, ao pé do campo de fútbol, e na xornada do sábado 3 de agosto celebraban xa o I Campionato de Petanca das festas de verán da Rúa. Un exitoso torneo que reunía a 48 participantes (16 tripletas) dos clubs da Rúa, do Barco, Fabero e A Coruña. “A xantar eramos 90 persoas, un exitazo”, aseguran dende o club rues.

 

 

Tras unha intensa xornadas de xogo, dende as nove da mañá e ata pasadas as oito da tarde (con parada para xantar) a entrega de premios (xamóns, botellas de viño e paletas) corría por conta da propia alcaldesa, María G. Albert e do concelleiro Luis F. Gudiña. O primeiro premio quedaba en casa, sendo para a tripleta formada por Raúl, Dari e Patricio; o segundo era para a tripleta de Fabero; e o terceiro para Gabriel, Pepe e Vicente, do Club de Petanca Valdeorras. O premio de consolación era para a tripleta formada por Porto, Enrique e José e todos os participanes levaban unha taza gravada de recordo.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button