Na mañá do domingo 16 de marzo abríase a tempada de pesca fluvial en Galicia con miles de pescadores á procura das primeiras capturas.
Un deses afeccionados é Rubén Fernández Rodríguez que pescaba “a rapala” unha troita de 2,150 kg no río Sil, ao seu paso polo malecón do Barco de Valdeorras.