Vicky Fernández; natural da aldea de Mourúas, en San Xoán de Río; impartirá clases de matemáticas gratuítas con nivel de ESO para todos aqueles rapaces que necesiten un “reforzo post-Covid 19”.
O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, quixo agradecer á veciña o seu ofrecemento como voluntaria e animou aos nenos a apuntarse “porque as matemáticas son a base de todo”.
