Dende a ponte de Éntoma ata a igrexa da Proba, no concello do Barco de Valdeorras. É a ruta, duns 8 quilómetros que na mañá deste sábado 7 de maio está percorrendo unha trintenta de persoas.
Trátase da segunda edición da andaina cultural ‘Temos un camiño’ organizada pola Concellería de Turismo do Barco para promocionar o Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio barquense, na que tamén visitaron a adega Roandi e a Feira do Libro instalada no paseo do Malecón. Ao final da camiñada, xa na Proba e tras seguir a ruta xacobea, os participantes serán convidados a un refrixerio.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.