EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Unha vintena de persoas asiste ao curso de cata organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras

“A arte do viño envellecido” desenvólvese esta fin de semana con catas e visitas guiadas

 

Un total de 20 persoas asiste o curso de cata “A arte do viño envellecido” organizado pola Asociación Ruta do Viño de Valdeorras que se está desenvolvendo no Hotel Calzada, en Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

Dirixido polo polo director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, o curso, eminentemente práctico, ten como obxectivo “facer chegar aos apaixoados da enoloxía as características dos viños envellecidos en barrica, así como as diferentes madeiras utilizadas” polo que terá unha duración de 10 horas.

 

 

Comezaba na mañá deste sábado 11 de marzo, coa presentación dos asistentes (de Valdeorras, Ourense, Xinzo, Ponferrada, León e Santiago de Compostela), procedentes de diferentes ámbitos, algúns dos sector vitivinícola co afán de aprender, pero outros competamente alleos ao sector pero si interesados en saber. Trala parte teórica, chegaba a cata propiamente dita dun total de 23 referencias da D.O. Valdeorras. Pola mañá (de 11 a 14:30 horas) cataranse 13 brancos e pola tarde (de 17:30 a 20 horas) 10 tintos.

O curso continuará mañá, domingo 12 de marzo, coa parte máis lúdica que inclúe visitas a viñedos de Larouco, Castrillón e contorna das covas de Seadur. Esta visita inclúe unha degustación de viño, e a posibilidade para aqueles que o desexen de finalizar cunha cunha comida ás 14 horas en Cova da Xabreira, a comida non está incluída.

 

Catando un branco da D.O. Valdeorras./ Foto cedida.

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas fotos da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button