OurenseÚltima hora

Unha xornada no Marcos Valcárcel analizará a transparencia das administracións

c 3, A VI Xornada sobre as Deputacións de Futuro contará con relatorios nos que se exporá a publicidade activa dos entes locais ou a transparencia fronte a protección de datos

Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe, 2 de xuño, o programa da “VI Xornada sobre as deputacións do futuro”, que terá lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” o vindeiro 9 de xuño traendo a debate o tema: “Transparencia e protección de datos no ámbito local”.

A xornada, que co-organizan a Deputación de Ourense e a Fundación “Democracia e Goberno Local”, contará con relatorios sobre “Dereito de acceso á información pública”, “A publicidade activa nos entes locais”, “O compromiso de Galicia coa transparencia” e “O difícil equilibro entre transparencia na información e protección de datos”, a cargo de expertos en Dereito Administrativo e Transparencia e bo goberno, como como Marcos Almeida, Agustí Cerrillo e Enrique Orduña, e coa Valedora do Pobo, Milagros Otero. A xornada será inaugurada polo presidente da Deputación de Ourense e o director da Fundación “Democracia e Goberno Local”, Ramón Camp.

Baltar destacou que esta xornada “sitúa a Ourense como referente en materia de transparencia no ámbito local e da participación cidadá”, como xa o teñen certificado en relación coa Deputación de Ourense entidades como Transparencia Internacional ou a Plataforma da Sociedade Civil para a Transparencia, situando á institución provincial nos primeiros lugares en canto a Transparencia, “amosando así o compromiso que neste ámbito ten o goberno provincial”, dixo Manuel Baltar.

Baltar lembrou que a Deputación de Ourense será a primeira de Europa en implantar o sistema de “Auditoría Social da Transparencia”, un método que permite avaliar a transparencia na xestión en tempo real. Esta ferramenta, desenvolvida por Dyntra, permitirá coñecer en cada momento o nivel de cumprimento coas obrigas de transparencia e dereito ao acceso á información de todos os entes obrigados por lei na provincia de Ourense. Ademais, permitirá a participación dos cidadáns e actores sociais no proceso de avaliación continua, nun exercicio único de rendición de contas en España.

Para o presidente provincial este sistema supón “un paso moi importante na estratexia de goberno aberto e boas prácticas na gobernanza que está a desenvolver a Deputación de Ourense e que se materializará con esta ferramenta, para afondar no noso compromiso como goberno referente en transparencia e participación cidadá”. Neste sentido, só dúas administracións públicas no mundo, a Deputación de Ourense e o Estado de Nova York, serán pioneiras neste sistema, “que consolida o concepto de auditoría social e transparencia”, expliou o presidente.

O xefe do Goberno provincial destacou tamén “a alianza que a institución provincial mantén coa Fundación “Democracia e Goberno Local”, e expresou que esta xornada, na que se debaterá sobre o futuro das deputacións -único foro destas características que organiza desde fai seis anos un goberno provincial-, “amosa un labor de vangarda na innovación política e na xestión económica, e ofrece un espazo no que confluír e contrastar ideas para analizar o funcionamento e o futuro das administracións provinciais”.

Artigos relacionados

Back to top button