A RúaConcellosEn portadaEntroido 2023Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Unhas 160 mulleres asisten á festa de Comadres no Casino da Rúa

 

Había ganas. Moitas ganas. De festa, de reunións, de Entroido,… E así o demostraban as 160 mulleres que na noite do xoves 16 de febreiro asistían á festa de Comadres no Casino da Rúa.

 

 

Mulleres da vila pero tamén doutros concellos da comarca coma O Barco ou Vilamartín que degustaron un menú a base de consomé, entremeses, costela asada e orellas, pero sobre todo, desfrutaron dunha animada e colorida festa.

 

 

Unha festa que arrancaba pasadas as once da noite ao ritmo e dous himnos femininos: un actual, Flowers de Miley Cyirus e outro clásico, Hay que venir al sur de Raffaella Carrá, que cantaron e bailaron antes de comezar a cea.

 

 

E con respecto aos disfraces, coma sempre había de todo, dende personaxes de varios contos dos Irmáns Grimm e tamén de Disney, ata orixinais traxes feitos a man, trogloditas, moteiras, a Familia Adams, oitenteiras e mulleres reconvertidas en auténticos “machos”. Un sinfín de elaborados e oroxinais modelos que encheron de cor o local.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button