Correndo, andando, saltando, bailando e cubertos de polvos holi. Así daban a benvida ao esperado verán os 400 participantes no Vilacolor Run 2024 que se está a celebrar en Vilamartín de Valdeorras.
O programa deste evento festivo que se move entre o deporte e o lecer, comezaba en torno á cinco da tarde coa recollia de dorsais no exterior do pavillón do Bañadoiro, na área recreativa vilamartinesa, e con animación ambiental a cargo de Motto, a voz deste evento e da Discomóvil Chocolate.
Dende o seu escenario, Rocío impartía unha animada e concorridas masterclass para ir entonando o corpo e xa a partir das 18:30 horas comezaba a carreira propiamente dita, cun percorrido duns 5 kilómetros pola vila, apto para nenos e maiores, con ata cinco puntos con reparto de polvos de cor.
O broche a este musical e animado evento, que conta tamén con inchábeis para os máis pequenos, poñeráo a música disco a cargo do propio Motto e dous djs locais.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.