Superando a cifra do ano pasado e volvendo a das prepandemia, unhas 500 persoas asistían no mediodía deste sábado 9 de decembro á XXII edición da Festa da Freba de Petín.
Unha cita de referencia na comarca de Valdeorras que marca o inicio do calendario festivo gastronómico da tempada de inverno.
O xantar, un ano máis no patio cuberto do Teleclub, preparado e servido por Mantesil, incluía coma sempre un completo menú a base de cosomé con picatostes, chourizo cocido con cachelos, freba á grella, ucheira, viño, café e licores.
Antes tiña lugar a homenaxe a dous matrimonios da Portela e remataba cunha animada festa ao ristmo da Disco Show Danzalia ou o que é o mesmo a “Pimentoneta” ata ben entrada a tarde.
Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.
Vídeos: Mónica G. Bellver.