A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Unhas 600 persoas asisten á cea popular que abre o CarnaVrao 2023, na Rúa

 

Dende o inicio ata case o fondo. Na noite do venres 7 de xullo a rúa Doutor Vila, na Rúa volvía converterse nun xigante restaurante ao aire libre para acoller a unhas 600 persoas, segundo a organización, que asistían a unha nova edición da cea popular do CarnaVrao 2023.

Organizada pola Asociación San Cristóbal, os preparativos comezaban xa o día anterior coa decoración da rúa onde onte pola tarde se instalaban as mesas. E xa pasadas as dez e media da noite e ao ritmo da charanga El Tatoo, comezaba a cea elaborada e servida un ano máis por Mantesil, un menú a base de empanada, langostinos cocidos, tenreira asada con patacas e ensalada, bica e xeado de crema de oruxo, café e licores.

 

 

Trala cea e igual que en anteriores edicións, procedíase ao sorteo de 500 euros durante a actuación de Os Broders, na terraza do Bravo Lux e do Bar Norte.

O programa do CarnaVrao 2023 continúa hoxe co desfile de comparsas a partir das 20 horas dende a rúa Campogrande. E o luns día 10 de xullo ás 20:30 horas, será a celebración de San Cristóbal, con misa e procesión de coches polas rúas de Fontei, Petín, San Roque…

Artigos relacionados

Back to top button