En portadaÚltima horaVídeos

Unhas 700 persoas asisten á XIV Festa da Vitela, no Bolo

 

No mediodía deste sábado 30 de marzo, a piques de despedir a Semana Santa, O Bolo celebraba a XIV edición dunha animada e concorrida Festa da Vitela, a cargo un ano máis de Mantesil.

 

 

Pasadas as dúas da tarde e, trala homenaxe ao ex alcalde do Bolo Félix Enríquez e a apertua da Feira de Produtos, abríanse as portas do pavillón municipal no que se xuntaban unhas 700 persoas para dar conta dun suculento menú no que se utilizaban 400 kg de paracas, 200 de verdura, 1.200 chourizos, 500 kg de vitela e 50 kg de garavanzos. De primeiro sopa e de postre roscón e bica, ademais da bebida o café e os chupitos.

 

 

A festa continúa pola tarde coa feira na carpa instalada diante do pavillón co acompañamento musical de DK Tariro.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button