Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Uns 150 deportistas de toda Galicia despiden no Barco a tempada de orientación a pé

 

Doble cita deportiva en Valdeorras na mañá deste domingo 27 de novembro. En Vilamartín estase celebrando a V edición da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas e no Barco, a última proba da tempada de orientación a pé, organizada pola Federación Galega de Orientación coa colaboración do Club Peña Trevinca Barco e do Concello.

Pasadas as once da mañá tomaban a saída no Malecón, á beira do río, uns 150 orientadores galegos (de clubs da Coruña, Lugo, Pontevedra, O Barco…) para participar no Campionato Galego de Remudas Mixtas, unha carreira por relevos semi urbana que se corre polas rúas do Barco e tamén pola zona do Salgueiral en equipos mixtos de tres persoas. “É unha proba moi rápida nun terreo chairo que consiste en buscar unha serie de balizas sobre o terreo, marcadas no mapa que se lle entrega a cada corredor”, explica Xan Trigo dende a organización, adiantando que primeiro sae un dos membros do equipo e tras facer o percorrido duns 5 km para a categoría sénior, entregaralle o mapa ao segundo corredor do seu equipo e este ao terceiro para finalizar a carreira.

 

 

Aínda que hai corredores galegos que hoxe non poden estar en Valdeorras por estar correndo nun campionato ibérico en Portugal, a do Barco é “unha proba competitiva pero sobre todo de festa para desfrutar e despedir a tempada”, apunta Xan, engadindo que tamén hai categoría de iniciados para probar “porque é un deporte moi divertido”, conclúe. Trigo tamén estaca o papel do director da proba, Pablo Aller, impulsor da orientación en Valdeorras, que preparou o mapa do Barco “renovado”, ao que chamou O Carteiro, en homenaxe a Luis Ramos, o concelleiro barquense falecido hai uns anos que sempre apoio este deporte e ao club”.

Trala carreira, na entrega de premios deste campionato galego, entregaranse tamén os trofeos da liga nas diferentes categorías.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button