CulturaCulturaÚltima hora

Uns 200 estudantes do Barco asisten á entrega de premios do concurso de podcats das Letras Galegas

O IES Martaguisela gañou na categoría de 15 minutos e o Divina Pastora na de 7 minutos

 

Destacando a estreira relación entre Francisco Fernández del Riego e Delgado Gurriarán co fincapé neses lazos que unen aos dous escritores, xirou a progrmación das Letras Galegas 2023 no Concello do Barco incluíndo teatro, música, maratón de lectura, conferencias, obradoiros, concursos…

Unha das novidades foi o concurso de poscast para os centros de ensino do Barco “Don Paco en Liña”, no que o alumnado podía gravar un podcast (de 7 ou 15 minutos) optando a premios como unha viaxe a Lourenzá. Uns premios que se entregaban na gala celebrada na mañá deste xoves 18 de maio no Teatro Lauro Olmo dirixida por Cristina de la Torre, á que asistían uns 200 estudantes.

Na categoría de 15 minutos, o gañador fou un grupo de 4 ° da ESO do IES Martaguisela formado por: Natalia Teresa Brasa Díaz, María Carrillo de la Fuente, Borja González Paradelo, Rebecca María Martínez Ferrari, India López Arias e Sandra Mallo Sastre.

Na categoría de 7 minutos, o gañador foi o grupo de 6° B do Colexio Divina Pastora formado por unha vintena de alumnos. Como guionistas: Cristina Barriga Delgado, Isabela Álves Pérez, Elena De Lis Quintas, Alejandro Rodríguez Mayorga, Leire Arias Pérez, Lucia Prada Vales e Pablo Mourelo García; Voces: Álvaro Estévez Sánchez, Raquel Lois da Rocha, Cloe Yáñez González, Julia González Ovalle, Iván Estévez Sánchez, Alexandre Soares Fernández; e como técnicos de son: Lucas Ramos Gautier, Francisco José Pérez Navarrete Álvaro Carracedo Ricardo, Santiago Paradelo Anta, Ainhoa Murias Carrera e Uxue Blanco Vega.

Artigos relacionados

Back to top button