EconomíaEconomíaÚltima hora

Uns 25 postos participan no III Mercadiño de Nadal de Petín

 

Uns 25 postos (dende artesanía feita en madeira ata prendas de vestir, bixutería, decoración, agasallos, plantas, artigos de segunda man ou antigüidades) conforman o III Mercadiño do Nadal de Petín que abría as portas na mañá deste sábado 23 de decembro, no patio cuberto do Teleclub.

 

 

No apartado gastrómico hai de todo (doces, bocadillos de panceta, goffres e ata pizzas); e no recinto tamén hai un espazo especialmente adicado para os máis pequenos: un fermoso trineo no que os pequenos poden fotografarse e tamén o buzón onde poden depositar as cartas para Papá Noel que mañá visitará todos os pobos do concello.

 

 

A diferenza das dúas edicións anteriores, este ano o Mercadiño está dentro do programa de Nadal e celébrase un único día, pechando as portas en torno ás 22 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button