Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Uns 400 militares da UME despregaranse pola provincia para realizar exercicios de multi risco

Na mañá do 7 de maio o subdelegado do Goberno en Ourense recibía ao tenente coronel xefe do V Batallón de Intervención de Emerxencias da UME

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, recibía na mañá do 7 de maio ao tenente coronel xefe do V Batallón de Intervención de Emerxencias da UME, Álvaro Díaz Fernández, quen lle explicaba de maneira pormenorizada as manobras que este V Batallón vai desenvolver en distintos lugares da provincia durante toda esta semana.

Arredor de 400 militares despregaranse por terras ourensás para facer diferentes exercicios de multi risco, onde se simularán accidentes e adversidades relacionadas coas inundacións.

Pola súa banda, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, agradeceulle o interese, compromiso e disposición que sempre amosou a UME cando foi requirida a súa presenza na provincia, maiormente relacionada coa onda de incendios que, en especial, o ano pasado asolou Ourense.

Ao remate da audiencia, Álvaro Díaz Fernández amosoulle a súa gratitude ao subdelegado do Goberno, polo seu ofrecemento de asinar no libro de honra da Subdelegación do Goberno.

Fotos: Subdelegación do Goberno en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button