DeportesSen categorizar

Uns 60 deportistas participan na carreira unificada de Special Olympics

Un momento da saída da carreira, onda o Pavillón dos Remedios.
Un momento da saída da carreira, onda o Pavillón Os Remedios.

Ourense foi a cidade elixida para o punto de partida da marcha ciclista unificada organizada por Special Olympics. Nela participaron uns 60 corredores, dos cales unha trintena eran persoas con discapacidade psíquica. A chuvia empanou a saída da carreira, que tamén discorrerá polas cidades de Lugo e Santiago de Compostela. Tras saír escoltados pola Policía Local dende o Pavillón Os Remedios, os deportistas cruzaron a Ponte do Milenio -esta fin de semana puido facer un parón nas obras e reabriu un carril- cara o barrio da Ponte. O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, estiveron cos deportistas minutos antes da carreira e tamén no final, para darlles a noraboa.

Artigos relacionados

Back to top button