CulturaCulturaÚltima hora

Usuarios de Asfaval asisten a unha das actividades da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco

O espectáculo "Historias fabulosas, dos magos e outras cousas: maxia" enmárcase no programa Ler Conta Moito

 

Maxia de cerca, sombras chinesas, contos,… son alguhas das propostas de Elisa e Ían no espectáculo Historias fabulosas, dous magos e outras cousas: maxia que poñían en marcha na mañá deste xoves 8 de xullo na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras.

Trátase da segunda actividade organizada pola biblioteca no marco do programa “Ler Conta Moito” financiado pola Xunta (75%) e polo Concello do Barco (25%), que contaba cun público de excepción: os usuarios de Asfaval (Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras). Tal como explican as responsables da biblioteca, levan colaborando con este colectivo dende hai dous anos pero como o ano pasado por mor da pandemia non puderon organizar ningunha actividade con eles, decidiron adicarlles este espectáculo. “Está dirixido a xoves e persoas con necesidades especiais polo que se adaptaba aos usuarios de Asfaval, ademais co tema do aforo non se podía ter moito máis público así que a actividade foi para eles”.

A primeira actividade do programa na biblioteca, A verdadeira historia de Hamelin de Moc Moc celebrábase no mes de abril e a terceira e última será na vindeira semana, xa para todos os públicos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button