ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Uxía Trail, ganadora do II Certame de debuxo infantil da Feira de Amandi

O Concello de Sober plasmou o seu deseño en chapas que se distribuirán os días 19 e 20 de marzo

Un total de 34 alumnos do Colexio Ferroviario de Monforte e do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme veñen de participar no II Certame de debuxo infantil da Feira do Viño de Amandi. O Concello de Sober vén de facer público o fallo do certame, cuxo premio recaía en Uxía Trail Bates do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.

Mantendo a liña da pasada edición, o deseño elaborado por esta rapaza convértese agora en chapas que xa se entregaron aos participantes e que se darán tamén o 19 e o 20 de marzo entre os asistentes á XXXVI Feira do Viño de Amandi. En total faranse 400 chapas.

Este concurso súmase ao outros postos en marcha polo Concello de Sober no marco do Mes do Amandi, como é o caso o I Concurso de deseño de barricas, aínda pendente de fallo, e o concurso para elixir o cartaz anunciador da Feira do Viño, que nesta edición ganaba de novo Andrea Rodríguez.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button