Dúas figuras de xigantes, recentemente restauradas, incorporáranse aos desfiles da V Festa Medieval de Sobrado (Trives). Serán a novidade desta celebración, prevista para a fin de semana do 1 e 2 de agosto, na que se conmemorará a anexión do Foral de Sobrado e o seu Mosteiro á Coroa de Felipe II. “Estas figuras que datan de principios do século XIX foron restacatadas pola Asociación Cultural Folión de Sobrado e postas novamente en valor. Coñecidas como pantasmas, hoxe están reconvertidas en reis medievais e voltarán a percorrer as rúas do pobo, tras moitos anos de abanondo”, indican dende esta entidade, promotora tamén desta cita medieval.
O programa da V Festa Medieval comenzará o sábado 1 de agosto co apertura dun mercadiño da época que estará instalado na praza, nunha xornada na que as rúas se encherán das cantigas e romances dos trovadores e
xograres.
Ademais os veciños elixirán entre ao Rei das festas, cuxo acto de coroación está previsto para a noite do día 1, previamente á cea que os nobres da vila ofrecerán na honra das súas maxestades. Tampoco faltarán, como en edicións anteriores, os xogos, torneos e os concursos populares o domingo día 2. Tamén se ofrecerá un xantar “á antiga usanza”. Ademais o programa pecharase cun dos actos máis esperados, “a inquisición e queima da bruxa”.