En portadaÚltima hora

V Xornada de Convivencia de Agrupacións de Protección Civil de Ourense, en Castrelo de Miño

Neste encontro participan na que participaron preto de 350 voluntarios da provincia e representantes de 50 asociacións de Galicia

 

Uns 350 voluntarios de agrupacións de Protección Civil (AVPC) da provincia de Ourense e representantes de 50 asociacións de Galicia reúnense neste sábado no recinto do parque náutico de Castrelo de Miño. Este municipio acolle a V Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, cun completo programa formativo que inclúe diversos talleres prácticos guiados por profesionais de organismos relacionados co mundo das emerxencias e destinados a grupos reducidos de voluntarios de protección civil. Neles trátase de conxugar, dende un punto de vista práctico, a exposición e emprego de material de emerxencias co coñecemento de novas tecnoloxías que cada vez mais ofrecen múltiples posibilidades no mundo das emerxencias.

Así, nesta iniciativa participan a Unidade Cinolóxica da Garda Civil, cos seus cans adestrados na Busca de Persoas Desaparecidas; o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) que amosaron os seus equipos e compartiron experiencias cos voluntarios; a Unidade de Drons dos Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, que mostraron as vantaxes do emprego do dron no medio acuático e o recentemente creado GES de Maceda, que levou a cabo un rescate no medio acuático co emprego dun vehículo anfibio.

Tamén se suman ao evento a empresa Ambulancias do Sil, co despregue do Hospital de Campaña que dispón de Fundación Sanitaria 061 para grandes catástrofes; o Grupo de Apoio Loxístico a Intervención (GALI) pertencente a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que amosou a bomba de achique de gran caudal capaz de succionar ata 25.000litros por minuto e realizou un taller dedicado á loita contra a contaminación en embalses e ríos.

Este acto conta coa presenza, entre outras autoridades, do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, ademais da do alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos.

Esta xornada inclúe tamén unha homenaxe ao labor feita polas AVPC da provincia de Ourense durante a pandemia, que segundo Alfonso Rueda “debe servir de recoñecemento ao traballo feito polas agrupacións de voluntarios de Protección Civil de toda Galicia polo esforzo feito neses meses en auxilio dos colectivos máis sensibles”.

 

 

O vicepresidente primeiro tamén quixo poñer en valor o cometido e o ofrecemento dos concellos que se esforzan por contar coas AVPC e agradeceu ás agrupacións da provincia, á Deputación Provincial de Ourense e ao Concello de Castrelo de Miño o seu traballo para que esta xornada fose posible.

Ademais das actividades formativas, o programa conta tamén con propostas de carácter turísticos como é o caso de visitas a adegas da zona. Tamén haberá entrega de medallas e, a partir das 15h., un xantar de confraternidade.

Fotos: Voluntariado de Protección Civil de Ourense/ Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button