EconomíaEconomíaÚltima hora

Valdeorras acollerá dúas sesións formativas da Fundación Naturgy para reducir a factura enerxética

Serán mañá, 2 de outubro, na Casa de Cultura de Petín e nas Antigas Escolas de Larouco

Escola de enerxía e formación.

 

Co obxectivo de “ofrecer a familias vulnerables pautas para realizar un consumo enerxético máis eficiente, reducindo o importe da súa factura sen perder as condicións de confort no fogar”, a Fundación Naturgy realizará mañá, 2 de octubre, dúas sesións formativas da Escla de Enerxía en Petín e Larouco, en colaboración cos concellos municipais.

Tal como avanzan dende a fundación, nas sesións trabállanse temas relacionados coa eficiencia enerxética ou a optimización de facturas. Tamén se identifica quen pode ter acceso ao bono social, e axúdasellea a solicitalo. “O que buscamos é empodeirar ás persoas máis vulnerables, para que poidan minimizar o impacto do custo enerxético aplicando as medidas e consellos explicados nos obradoiros”, afirma Ester Sevilla, directora da área de Proxectos Sociais e Internacional da Fundación Naturgy.

A sesión en Petín será na Casa de Cultura (rúa Placer, 3) ás 16h. e o obradoiro en Larouco celebrarase nas Antigas Escolas (estrada de Langullo, s/n) ás 18:30h.

Artigos relacionados

Back to top button