En portadaÚltima hora

Valdeorras chega aos 479 casos activos de Covid, 344 deles no Barco

Os positivos seguen medrando de maneira notable no Barco, con 55 contaxios máis que onte

Imaxe do Barco./ Foto: A.R.

 

Unha xornada máis dispárase a incidencia do Covid no Barco, que neste 31 de decembro bate un novo récord e sitúase en 344 positivos, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Son 55 máis que onte.

 

 

A tendencia á alza mantense tamén no resto da comarca, con subida en case todos os concellos. Así Valdeorras rexistra neste final de ano, un total de 479 positivos por coronavirus (76 máis que onte), segundo as cifras do Sergas.

Ademais do Barco, hai outros seis municipios con incremento de casos: O Bolo cun total de 10 positivos (5 máis que onte), Carballeda de Valdeorras con 13 (2 máis que onte), Larouco con 7 (1 máis que onte), A Rúa con 72 (8 máis que onte), A Veiga con 2 (1 máis que onte) e Vilamartín con 21 (4 máis que onte).

Os casos activos mantéñense estables en Petín con 4 (os mesmos que onte) e Rubiá con 6 positivos (os mesmos que onte).

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra nesta xornada 2 ingresos en planta, 1 máis que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button