En portadaÚltima hora

Valdeorras chega aos 720 casos activos de Covid, 521 deles no Barco

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen imparables as cifras de casos activos en Valdeorras, que suma un total de 720 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 64 máis que o pasado mércores, cando se emitía a última actualización de datos por parte da Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Así, O Barco suma outro novo récord de contaxios de Covid con 521 positivos, o que significa 40 máis que o pasado mércores 5 de xaneiro. Tamén soben outros sete concellos de Valdeorras: O Bolo suma 24 contaxios activos (2 máis que o mércores), Carballeda de Valdeorras ten 19 (1 máis que o mércores), Petín ten 12 (2 máis que o mércores), A Rúa suma 92 (8 máis que o mércores), Rubiá rexistra 24 (8 máis que o mércores), A Veiga 5 (3 máis que o mércores) e Vilamartín 20 (2 máis que o mércores).

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

O único concello valdeorrés que experimenta un descenso de casos é Larouco, con 3, 2 menos que o mércores).

Con respecto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra nesta xornada 3 ingresos en planta, a mesma cifra que onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button