En portadaSanidadeÚltima hora

Valdeorras conta con 19 casos activos de Covid ao sumarse 1 positivo na Rúa

O Barco mantén os 18 de onte, e Rubiá e Vilamartín 1 cada cada un

Panorámica do concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que levemente, segue a subida nos casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 19 positivos na xornada deste xoves 20 de maio, 1 máis que onte, ao sumarse un positivo na Rúa, que regresa á lista de concellos con infeccións activas tras dúas semanas libre de coronavirus, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras mantense nos 16 positivos de onte, cunha incidencia acumulada para este concello de >75 e ≤125 a sete días e de >50 e ≤150 a catorce días.

Tamén se manteñen os casos en Rubiá e Vilamartín de Valdeorras que teñen 1 positivo cada un. Os demais concellos de Valdeorras seguen libre de coronavirus. O resto da comarca segue libre de Covid.

2 ingresos no Hospital de Valdeorras

Por outra banda, tamén se repiten os datos en canto a hospitalización na comarca. O Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 persoas hospitalizadas en planta por Covid. No referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense son 11 os ingresos, 3 deles na UCI e o resto en planta; mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button