DeportesÚltima hora

Valdeorras conta con 2 novos xuíces de atletismo de Nivel I

Trátase de Francisco Crespo e Alberto J. Pungín, quen ademais quedaba o primeiro da súa promoción en Galicia

Alberto Pungín, nunha proba de atletismo./ Foto: A.R.

 

Entre os catorce novos xuíces e xuízas de atletismo de Nivel I que se incorporarán en breve ao plantel do Comité Galego de Xuíces figuran dous de Valdeorras. Resultaban aptos no último proceso de selección levado a cabo o pasado día 26 de novembro na Coruña. Trátase de Alberto José Pungín (que xa era xuíz territorial) e de Francisco Crespo. Ademais, Alberto J. Pungín foi o número 1 da promoción en Galicia.

“Con esta importante incorporación de novos efectivos, reforzarase o plantel do citado comité que contará con máis recursos de cara a poder cubrir todo o extenso calendario oficial de probas atléticas”, segundo informa a Federación Galega de Atletismo (FGA).

No exame estaban inscritos un total de corenta e tres xuizas e xuíces territoriais cuxo obxectivo era acadar o primeiro eslabón do rango nacional, o que lles permite actuar fóra de Galicia en competicións internacionais.

Na actualidade, segundo explica a FGA, existen as seguintes escalas de xuíces de atletismo:

Rango autonómico

Xuíz Autonómico: Os xuices autonómicos só poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario autonómico que se celebren na súa Comunidade Autónoma.

Rango estatal

Xuíz Nivel I: Os Xuíces Nivel I poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ.

Xuíz Nivel II: Os Xuíces Nivel II poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en competicións de calendario nacional que se celebren fose do estadio.

Xuíz Nivel III: Os Xuíces Nivel III poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en todas as competicións de calendario nacional e tamén naquelas de nivel internacional que se celebren en España.

Artigos relacionados

Back to top button