En portadaÚltima hora

Valdeorras contabiliza 44 casos activos de Covid, 2 menos que onte

Rúa Campogrande na vila da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tendencia á baixa no total de casos activos de coronavirus en Valdeorras, pero con matices segundo os concellos. Así, mentres nuns municipios diminúe o número de casos, noutros hai un leve incremento.

A comarca contabiliza 44 casos activos de Covid, 2 menos que onte, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas. Os positivos baixan no Barco, que pasa dos 20 positivos de onte aos 18 de hoxe, é dicir 2 menos.

Descenso tamén en Carballeda de Valdeorras que fronte aos 16 casos de onte, hoxe rexistra 13, isto é, 3 menos que onte.

No referente á Vilamartín, o municipio segue con 3 positivos; sen embargo, prodúcese unha pequena repunta na Rúa que pasa de 4 a 5 positivos (1 máis que onte) e en Petín que agora rexistra 4 (1 máis que onte). Ademais Rubiá, que levaba un par de días libre de virus, volve ter 1 positivo.

Artigos relacionados

Back to top button