Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Valdeorras continúa mobilizándose en defensa da área sanitaria

Unha nova concentración tiña lugar diante da entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco. É a segunda que se celebra neste mes de novembro, convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras, para pedir a continuidade da área sanitaria do Barco.

O voceiro da plataforma, Orlando Saavedra, aseguraba que se van manter este tipo de concentracións todos os mércores “mentres non se retire o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia e mentres no se cree unha comisión para elaborar unha lei de consenso”.

Artigos relacionados

Back to top button