ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorras quere mellorar a comunicación coa Gudiña ante a chegada do AVE

A Asociación Empresarial de Valdeorras mantiña un encontro cos alcaldes para abordar cuestións como o transporte ou a A-76

Ante a chegada do AVE á Gudiña, empresarios e alcaldes valdeorreses consideran urxente mellorar a comunicación con ese concello ourensán mediante unha liña de autobús “rápida e con frecuencia suficiente”. Era unha das cuestións que se poñían sobre a mesa na tarde do 9 de novembro nunha reunión cos rexedores que convocaba a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) na Casa Grande de Viloira (O Barco).

Nesta xuntanza analizábase o redeseño das liñas de autobuses en Galicia. Neste senso, comezaban a elaborar unha proposta para facilitar a cobertura de transporte público na comarca de Valdeorras. Alcaldes e empresarios concidían na importancia de mellorar a comunicación entre os diferentes concellos valdeorreses a través do transporte público.

Tamén se tocaban outros temas como a situación do proxecto da autovía A-76 (Ponferrada-Ourense) e unha proposta de colaboración entre os concellos e AEVA de cara a unha mellor divulgación dos diferentes eventos que se organicen nos municipios de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button