ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras rexistra 154 casos activos de Covid, 17 menos que o venres

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Baixan os contaxios activos de Covid en Valdeorras. A comarca contabiliza un total de 154 positivos, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Isto supón 17 positivos menos que os rexistrados o pasado venres.

Os únicos concellos que experimentan unha leve repunta de casos son Carballeda de Valdeorras con 27 contaxios activos (3 máis que o venres) e Rubia con 11 positivos (2 máis que onte).

En cambio, baixan os contaxios no Barco con 76 positivos (13 menos que o venres), no Bolo con 2 (1 menos que o venres), en Petín con 5 (4 menos que o venres), na Rúa con 28 (1 menos que o venres), en Vilamartín con 3 positivos (2 menos que o venres) e na Veiga, agora libre de virus, e que o venres rexistraba 1 positivo.  Finalmente, Larouco mantense en 2 positivos.

Por outra banda, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 4 ingresos en planta por Covid, os mesmos que o pasado venres.

Artigos relacionados

Back to top button