A RúaConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Valdeorras rexistra un total de 29 casos activos de Covid-19

Publicidade
Imaxe do centro do Barco./ Foto: A.R.

 

Aínda que lixeiramente, tras un par de meses de tranquilidade, van subindo novamente os positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca ten neste luns 29 de novembro un total de 29 casos activos, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 28 de novembro.

Os municipios que rexistran aumento de casos con respecto ao venres día 26 (na fin de semana non houbo rexistro), son O Barco que conta con 15 positivos, 4 máis; Larouco que conta con 2 positivos, o que supón 1 máis; e A Veiga con 4 positivos, o que supón 3 máis que o venres. A Rúa mantense co 3 positivos e Vilamartín con 5.

 

 

No caso de O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Rubiá e Petín mantéñense libres de coronavirus.

Con respecto ao conxunto da provincia de Ourense, na xornada de hoxe rexistra un total de 1.351 casos activos. No que se refire aos hospitais, o Hospital Público de Valdeorras continúa sen ningún ingreso, o de Verín mantén 2, e o de Ourense ten 34 en planta e 4 en UCI. Ademais a Clínica Santa Teresa rexistra 1 ingreso en planta e o Centro Médico El Carmen 1 na UCI. En total son 42 as persoas hospitalizadas por Covid na provincia de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button