En portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase en 206 casos activos de Covid, 27 máis que o mércores

Os municipios con maior número de positivos son A Rúa e O Barco, con 73 casos en cada un deles, segundo Sanidade

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Continúan en ascenso os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 17 de decembro un total de 206 positivos por coronavirus (27 máis que o pasado mércores), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Varios municipios rexistran unha suba nas cifras de casos. Entre eles destacan os aumentos no Barco cun total de 73 positivos (26 máis que o mércores) e na Rúa, que sobe ata os 73 positivos, o que supón 3 máis que o mércores.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

 

Tamén medran os casos en Rubiá con 3 positivos (1 máis que o mércores) e en Vilamartín con 13 positivos (6 máis que o mércores).

Por contra, baixan os positivos no Bolo cun total de 11 (2 menos que o mércores), en Larouco con 10 (2 menos que o mércores) e na Veiga con 13, 5 menos que o mércores.

As cifras de contaxios mantéñense en Carballeda de Valdeorras, con 2 positivos, e en Petín que segue con 8 positivos.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras está agora libre de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button