En portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase en 656 casos activos de Covid, 53 máis que onte

Os concellos que máis positivos rexistran son O Barco con 481 (32 máis que onte) e A Rúa con 84 (13 máis que onte)

Vista do Barco. /Foto: A.R.

 

Novo récord de contaxios de Covid no Barco, que neste 5 de xaneiro sitúase en 481 positivos, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o que supón 32 máis que onte.

A tendencia á alza mantense tamén no resto da comarca con subidas en practicamente todos os concellos. Así Valdeorras rexistra hoxe un total de 656 positivos por coronavirus (53 máis que onte), segundo as cifras do Sergas.

 

 

Ademais do Barco, increméntanse os casos no Bolo cun total de 22 positivos (3 máis que onte), Carballeda de Valdeorras con 18 (1 máis que onte), Petín con 10 (3 máis que onte), A Rúa con 84 (13 máis que onte) e Rubiá con 16 (4 máis que onte).

A cifra de positivos mantense na Veiga con 2 positivos (os mesmos que onte). Pola contra, baixan os casos activos en Larouco que ten 5 casos activos (1 menos que onte) e Vilamartín con 18 (2 menos que onte).

 

 

Con respecto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra nesta xornada 1 ingreso en planta, 1 menos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button