Lixeiro incremento nos casos activos de coronavirus nesta xornada en Valdeorras. Así, segundo os datos feitos públicos esta mañá pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), a comarca suma un total de 747 positivos, o que supón 12 máis que onte.
A situación varía segundo os concellos. Así O Barco, que continúa coa maior cantidade de casos activos, rexistra nesta xornada un suave descenso ao contabilizarse 458 positivos, 7 menos que onte. O outro municipio que baixa, tamén moi levemente, é Larouco con 42 positivos, 1 menos que onte.
En cambio aumentan os casos activos na Rúa con 104 (6 máis que onte), en Vilamartín con 26 (6 máis que onte), no Bolo con 26 (1 máis que onte), Petín con 22 (4 máis que onte) e na Veiga con 10 (3 máis que onte).
A cifra de contaxios mantense igual que onte en Carballeda de Valdeorras con 29 positivos e en Rubiá con 30 positivos.
O Hospital Público de Valdeorras ten neste 14 de xaneiro 6 ingresos por Covid, o que significa 1 máis que onte.