En portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase nos 931 os casos activos de Covid, 88 máis que onte

Os concellos con maior número de positivos seguen sendo o Barco, con 620 (54 máis que onte) e A Rúa con 112 (11 máis que onte)

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha xornada máis mantéñense á alza as cifras de casos activos na comarca de Valdeorras, que na  xornada deste martes 11 de xaneiro suma un total de 931 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 88 máis que onte segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade.

 

 

Por concellos, o Barco volve bater un novo récord de contaxios de Covid con 620 positivos, o que significa 54 máis que onte. Tamén soben en practicamente todos os municipios: O Bolo rexistra 41 contaxios (6 máis que onte); Carballeda de Valdeorras ten 31 (1 máis que onte); Larouco ten 42 casos activos (7 máis que onte); Petín ten 22 (3 máis que onte); A Rúa suma un total de 112 (11 máis que onte); Rubiá 36 (5 máis que onte); e Vilamartín 21 (1 máis que onte).

 

 

O único concello valdeorrés que se mantén hoxe é A Veiga, con 6 casos activos, os mesmos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button