En portadaÚltima hora

Valdeorras sobe a 36 casos activos de Covid, 5 máis que onte

Unha das rúas do Barco.

 

Volve medrar nesta xornada a curva do Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 36 casos activos neste 28 de maio, 5 máis que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras hai 31 casos activos, 4 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días que sobe e sitúase en >75 e ≤125. Esta incidencia mantense en >150 e ≤250 a catorce días.

Tamén se rexistra un incremento na Rúa, con 4 positivos, 1 máis que onte, mentres que Vilamartín de Valdeorras mantén 1 positivo. O resto dos municipios continúan libres de virus.

Artigos relacionados

Back to top button