En portadaÚltima hora

Valdeorras sobe ata os 166 casos de Covid, 12 máis que onte

A Rúa é o municipio que rexistra un maior número de positivos, cun total de 65, segundo os datos do Sergas

Rúa Progreso, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Unha xornada máis soben os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 14 de decembro un total de 166 positivos por coronavirus (12 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Case todos os municipios se manteñen nas cifras de casos de onte. Pola contra, destaca o considerable incremento rexistrado na Rúa, que sobe ata os 65 positivos, o que supón 10 máis que na xornada de onte.

 

Tamén medran os casos no Bolo con 13 (1 máis que onte) e Vilamartín con 6 positivos (1 máis que onte). Mantéñense os casos no Barco con 41 positivos, en Carballeda de Valdeorras con 2, en Larouco con 11, en Petín con 7, en Rubiá con 1 e na Veiga con 20.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras mantén 1 ingreso por Covid en planta.

Artigos relacionados

Back to top button