SanidadeÚltima hora

Valdeorras tamén se suma á celebración do Día Mundial da Investigación en Cancro

 

No marco da conmemoracion do Día Mundial da Investigación en Cancro estanse a desenvolver nestes días diversas actividades organizadas pola Asociación Española contra o cancro en Ourense, a través da campaña “Contigo, loitamos contra a desigualdade fronte ao cancro”.

Entre elas figuran a instalación de varias mesas informativas sobre esta campaña na comarca de Valdeorras neste 27 de setembro: unha na Rúa (na Casa da Cultura), unha en Petín (na praza Doutor Quiroga) e dúas no Barco (unha na praza do Concello e outra no Hospital Público de Valdeorras), así como a instalación dunha exposición “A investigación do cancro: un desafío milenario”, tamén neste centro sanitario barquense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button