En portadaÚltima hora

Valdeorras ten 24 casos activos de Covid, tras 1 novo positivo no Barco e outro na Rúa

Vía central da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Volven subir os casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 24 positivos na xornada deste domingo 23 de maio, 2 máis que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras hai 19 casos activos, 1 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello de >75 e ≤125 a sete días e de >50 e ≤150 a catorce días. A Rúa pola súa banda contabiliza 3 positivos, 1 máis que onte.

No resto de concellos da comarca hai estabilidade. Rubiá e Vilamartín de Valdeorras seguen con 1 positivo cada un e o resto permanece libre de Covid.

2 ingresos no Hospital de Valdeorras

Tamén se repiten os datos en canto a hospitalización na comarca. O Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 persoas hospitalizadas en planta por Covid. No referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense son 9 os ingresos, 4 deles na UCI e o resto en planta; mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button