En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorras tínguese de rosa no Día contra o Cancro de Mama

 

Con diversas iniciativas está a celebrarse en Valdeorras o Día Mundial contra o Cancro de Mama. A delegación valdeorresa da Asociación Española contra o Cancro (AECC), que preside Gloria Pérez, saía á rúa e instalaba mesas informativas na Rúa, en Petín e tamén no Barco. Nelas ofrecíase diversa información e distribuíanse centos de lazos rosas, ademais de globos e caraveis desta mesma cor para concienciar a sociedade ante esta enfermidade.

No caso do Barco eran dúas as mesas informativas que se instalaban durante a mañá. Unha delas estaba situada na praza do Concello e a outra na entrada do Hospital Comarcal Valdeorras. Eran multitude as persoas que se achegaban ata elas. Ademais na fachada do Concello vello do Barco colocábase un gran lazo rosa elaborado con globos.

 

Fotos Mónica G. Bellver/ Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button