CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Valdeorras Vive organiza, con 10 asociacións europeas, un curso sobre pensamento crítico en Xeorxia

Titulado "CCC: creativity, critical thinking and colaboration", trátase dun curso Eramus+ que se desenvolvía na cidade de Batumi

 

A Asociación Valdeorras Vive vén de organizar, xunto a outras dez asociacións de diferentes partes de Europa, unha actividade de formación Erasmus+ na cidade de Batumi (Xeorxia). Este curso de formación internacional, titulado CCC: creativity, critical thinking and colaboration, “centrouse na temática da creatividade o pensamento crítico e a colaboración entre os xoves de países europeos e de fóra de Europa. Contamos con 35 participantes de Líbano, Jordania, Armenia, Ucraína, Portugal, República Checa, Bulgaria, Xeorxia e Romanía, ademais do grupo de Valdeorras Vive”, explican dende esta entidade.

 

 

Trátase, como en anteriores experiencias, dun curso gratuíto e cofinanciado polo programa Erasmus+ da Comisión Europea.

Así mesmo, dende Valdeorras Vive lembran que continúan abertas as inscricións para mozos interesados en participar en dous intercambios Erasmus+ en Estonia, un en Portugal e outros dous en Valdeorras (máis información en www.valdeorrasvive.org).

Fotos: Valdeorras Vive.

Artigos relacionados

Back to top button