
A Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) do PSdeG vén de nomear na súa reunión do 13 de novembro dúas comisións xestoras en A Coruña e en Ourense destinadas a “xestionar os tempos políticos no proceso de celebración de primarias e congresual das provincias nas próximas semanas”, segundo anunciaba o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero.
Os socialistas galegos xa teñen trasladado á Executiva Federal esta decisión “dentro da etapa de renovación dos órganos do partido”. A nova Comisión Xestora de Ourense estará presidida polo secretario de Emigración e alcalde de Petín, o valdeorrés Miguel Bautista.
Comisión Xestora da provincia de Ourense
Miguel Bautista Carballo (presidente)
José Antonio Corral Áñlvarez
Concepción García Lozano
Pablo López Vidal
Elvira Lama Fernández