CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Variedade de resultados para o CD Trives nunha intensa fin de semana de partidos

Os infantís clasifícanse para disputar o título do campionato

 

Os tres equipos as Escolas de Fútbol Sala do CD Trives xogaban esta fin de semana en casa, no pavillón municipal con dúas vitorias e unha derrota.

Benxamíns e alevíns xogaban os seus respectivos partidos contra os equipos do Academia Ourense “B”. Os benxamíns vencían 5-3 con 3 goles de Adrián Pérez e 2 de Roi; e os alevíns, 7-0  con 3 goles de Hugo, 2 de Nico, 1 de Unai e 1 de Adrián Vázquez.

 

 

Os infantís pola súa banda perdían 1-6 cotra o Carballiño FS (gol local de Aritz) terminando así a “liguilla” e clasificándose para a disputa do título do campionato.

No que respecta ao equipo sénior de fútbol, perdía 5-2 contra o Covadonga con goles de Guille e Eric.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button