DeportesÚltima hora

Varios clubs preparan a Volta Ciclista a Galicia na Estación de Montaña Manzaneda

Club Súper Froiz.

 

A Estación de Montaña Manzaneda volve ser reclamo para os adestramentos dos clubs ciclistas, máis en concreto para aqueles que se preparan para próximas competicións como a Volta a Galicia, que se desenvolverá do 14 ao 17 de setembro.

É o caso dos clubs Padronés Cortizo e Súper Froiz, que se adestran estes días nas instalacións, idóneas para mellorar ata nun 20% o rendemento dos deportistas. “Debido á súa altitude, na Estación de Montaña os ciclistas exercítanse con menores niveis de osíxeno e nótase nos resultados tras días de adestramento”. Así o asegura Evaristo Portela, director do equipo ciclista Super Froiz, quen se mostra moi satisfeito tras os primeiros adestramentos. “En total estaremos aquí 21 días preparando a Volta a Galicia. Estiven noutras instalacións similares como a de Sierra Nevada e podo asegurar que a Estación de Montaña Manzaneda ofrece unhas prestacións incribles para os deportistas”.

 

Club Padronés.

 

Con este mesmo obxectivo, ciclistas do Club Padronés Cortizo tamén se preparan desde o pasado 20 de agosto nas instalacións e os adestramentos prolongaranse ata o 7 de setembro.

Precisamente para o próximo mes, o día 3 de setembro, prevese renovar na Estación de Montaña Manzaneda os eventos deportivos de alto nivel coa Marcha Ciclista Federación coa partipación das categorías Sub23, Máster 60, Máster 50, Máster 40, Máster 30, Júnior (todas masculino e feminino), Elite UCI, Elite, Cicloturismo e Adaptado.

Artigos relacionados

Back to top button