Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Varios podios para “A Escuelita” do Peña Trevinca Barco na proba da liga galega de orientación disputada en Lugo

 

Logo de asumir a organización das probas de liga galega no Bolo e do escolar provincial na Rúa, a sección de orientación do Club Peña Trevinca Barco asistía á terceira proba da liga galega que se disputada o sábado 16 de marzo no mapa de Monte Segade, nos arredores de Lugo.

“A nosa sección asistiu con 17 participantes, dos cales 11 pertencen ás categorías de base (“A Escuelita”), froito do traballo realizado tanto nos colexios da zona como cos nenos do club”, explican dende o Peña Trevinca Barco destacando os percorridos que “requirían moita concentración e un moi bo estado de forma para superar as dificultades do terreo”.

 

Daniel e Mailén.

 

Así, os nenos de “A Escuelita” realizaron unha moi boa participación, moitos enfrontándose por primeira vez a percorridos destas características. “Clara, Marcos, María, Marta, Martina, Mailén, Sabela, Joaquín, Sebastián, Daniel e Brais fixérono xenial, desde o club estamos orgullosos das súas carreiras”, aseguran.

Houbo premios para as categorías de base e tamén para as de elite, con varios nenos no podio. Marta Agudo era terceira en F-14, Mailén Aller terceira en F-18, Brais Rodríguez primeiro en M-12 e Daniel Daga terceiro en M-16.

 

Joaquín.

 

Depois do parón por Semana Santa, a competición continuará en abril na localidade de Baiona.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button